COLECTIVO GLOVO

España & Portugal

Tabú

TABÚ é un festexo desas todas posibilidades tras o trasfondo do carnaval, a xornada na que todo é posible e que podes ser quen queiras ser.
“A peza TABÚ surxui tras toparnos cunha fotografía, datada de 1925, nas rúas de Allariz pertencente á exposición titulada O Allariz dos anos 20. Na instantánea, podíase ver a un grupo de mulleres ataviadas coa vestimenta de fútbol tras a celebración dun partido. Concretamente, na fotografía se denominaba coma equipo de fútbol feminino dos anos 20. Cautivados pola imaxe, quixemos saber quen eran esas mulleres, e se efectivamente estabamos ante unha formación pioneira de futfem. Tempo despois, descubrimos que se trataba dunha comparsa de carnaval. Neste punto, surxiu ante nós un abanico aínda maior para podermos traballar: o parecer, a apariencia, as posibilidades, a imaxe…. e todas as posibles personaxes tras estes termos.”

COLECTIVO GLOVO

Colectivo Glovo nace en 2016 baixo a dirección de Esther Latorre (España) e Hugo Pereira (Portugal) xerando así un espazo de creación onde ambos, intérpretes e coreógrafos, desenvolven conxuntamente a súa faceta máis imaxinativa. 
Con sede en Galicia, traballan na creación da escena tanto para teatros como rúa e espazos non convencionais, así como xestores culturais, xa que un dos seus principais obxectivos como compañía é aumentar as dimensións de alcance das dinámicas do corpo. Glovo admite a súa paixón pola linguaxe do movemento e persegue a investigación de novas expresións escénicas partindo do propio corpo sen límites establecidos. 
Percorreu diferentes países como España, Portugal, Italia, México ou Costa Rica, formou parte do circuíto Rede Acieloabierto 2020 e 2023, Danza a Escena 2021 e 2023, do catálogo de recomendación Programa.cat 2023 de Cataluña, PLATEA, RAEE – Rede Aragonesa de Espazos Escénicos, A Cultura Contraataca, presenza en diferentes feiras de artes escénicas estatais, recibiu varios apoios á creación do Centro Coreográfico Galego e colabora coa firma de moda Adolfo Domínguez desde 2018.
​Recibiron múltiples premios, como o 1º Premio no Certame Coreográfico Internacional de Burgos & NY 2019, Premio do Público no Certame Coreográfico Internacional Sólodos ENDANZA 2016, e Premio GATADANS, así como mencións especiais no festival Curto In Danza 2019 en Cagliari e na Espiral Contemporánea 2019 en Santander. 
​Paralelamente a esta faceta creativa, Glovo codirige o festival Cartografa en Movemento e dirixe o programa de residencias artísticas e de investigación Atopémonos Bailando, ambos de Lugo.
Nesta residencia, Esther Latorre e Hugo Pereira, contan coa compañía dos bailaríns Clara Ferrao e Fran Martínez.

Ir o contido