SONSOLES & DIEGO BUCETA

Galicia

Derma

O proxecto “Derma” de Sonsoles Cordón aborda en diferentes fases choques con cada unha das participantes do proxecto, neste caso con Diego M. Buceta, coa vontade de explorar camiños escénicos afastados do canónico. Pretende crear unha peza paisaxe que se fundamenta nun berro contra o paso do tempo, a adaptabilidade ao medio e a violencia social, froito da combinación de diferentes materiais -propios e alleos- co corpo e a plasticidade como protagonistas.

SONSOLES CORDÓN & DIEGO BUCETA

Sonsoles Cordón estudou o Grao Superior en Arte Dramática na especialidade de Interpretación do Xesto pola ESAD de Galicia, con formación complementaria en Commedia dell’Arte polo ICAI de Venecia, danza clásica e contemporánea, cabaret, burlesque e danza tradicional galega. Como actriz desenvolve a súa carreira profesional no campo da escenografía e o audiovisual. Xunto á compañía Feira do Leste, estreou dous espectáculos: Exilio dás Moscas (2016) e Tras Tannhäuser (2017), este último seleccionado no Programa de Creación Nova INJUVE 2017. Actualmente actúa como intérprete na compañía. Butaca Zero en Despois das Ondas, obra gañadora do XVII Premio Rafael Dieste de Textos Teatrais. En paralelo coa súa empresa. Belabesta Teatro, realiza espectáculos de narración oral (incluídos en programas como Non verán… Un conto ou Ler conta moito). Desde 2014 traballa en colaboración co CSIC no proxecto Ciudad Ciencia co espectáculo infantil Que traballo máis curioso! Compaxina a súa carreira como actriz coa docencia, impartindo cursos de teatro, cabaret, burlesque, danza e expresión corporal para nenos e adultos.

Diego Buceta, formouse en Interpretación textual (Escola Superior de Arte Dramática de Galicia) e en Danza contemporánea (Conservatorio Profesional de Danza de Madrid e Conservatorio Profesional de Danza de Granada). Desenvolve a súa carreira profesional en montaxes de creadores e compañías como Lucía Marote (El ojo del huracán, Madrid, 2021), A Friend in the Orchid Room (Study about repetition and efforts, Bélxica/ Italia, 2021), Voadora (A amnesia de Clío, Galicia, 2020), La Coja Dansa (Lloc Joc Xoc, Valencia, 2019), Álvaro Frutos/ Los negros (Waterloo, Zaragoza, 2017/ 2018), Olga Cameselle, (Leixaprem, Galicia, 2016) e Tino Sehgal (Instead of Allowing Some Thing to Rise Up to Your Face Dancing Bruce and Dan and Other Things, Sevilla, 2015/ 2016). Xunto con Belén Bouzas e Fran Martínez crea no ano 2017 a compañía de danza contemporánea Pálido Domingo coa que desenvolve traballos de creación propia e talleres de Aikido aplicado á danza. “Non hai que ser unha casa para ter pantasmas” é o seu  primeiro traballo xuntos, recoñecido co premio da Crítica no Certame Coreográfico de Madrid 2018 e co segundo premio no Certame DanzaXtrema 2019. Séguenlle as estreas dos espectáculos Pentecostés (2020) e “Serva me, serva te” (2021), este último creado como espectáculo propio do Centro Dramático Galego.

Ir o contido