Neste proxecto, Clarissa explora, a través da danza e o xogo con proxeccións ou obxectos, conceptos tales como a morte, o tempo, o surrealismo, a relación co transcendente, o amor, o sentimento relixioso e o feminismo, todos eles enmarcados nas obras do poeta e dramaturgo T.S. Eliot e sobre todo a exploración fotográfica de Francesca Woodman. Sentindo unha forte vinculación con ela, inclúe algunhas das súas fotografías como soporte audiovisual, dalgunha maneira, buscando traela á vida aínda que sexa por un intre, por un só día.
Clarissa Costagliola, nace en Monte Argentario, Italia, en 1997, e actualmente vive en Pamplona. Estudou no OPUS Ballet International Dance Centre de Florencia e continuou a súa formación na Faktoria Choreographic Center de Pamplona/Iruña dirixida por Marta Coroado, Laida Aldaz e Carmen Larraz. Desde entón colaborou en numerosas actuacións e pezas de baile, entre outras, foi creadora dun dúo con Stefano Mattiello “Entre el vínculo y la ruptura” que lles levou a actuar en diferentes festivais do territorio español, máis recentemente foi bailarina no proxecto Site Specific “In Perspective”, dirixido por Laida Aldaz Arrieta e celebrado en Pamplona, San Sebastián e Bilbao.
Espazo de creación artística, encontro, mediación e dinamización do contexto rural
Implementado por xeral.net