MAXIMILIANO SANFORD

Brasil

Vestirme de ti

“Vestirme de ti” nace da reflexión ao redor das relacións humanas. A interdependencia como algo constituínte dos seres humanos en contraposición á exaltación da independencia xerado polo sistema de consumo no medio urbano. Imos construíndo na relación cos outros. Explora como nunha relación existe unha impregnación mútua e os individuos comezan a ser o resultado desa interacción, e o proceso para chegar a un lugar de equilibrio entre opostos nesa interacción.
Nesta residencia Maximiliano comezou o seu traballo de investigación para xerar material físico. Un proceso de tradución: dos conceptos e ideas á interacción dos corpos. Para este traballo contou con Clara Ferrao e Nuria Sotelo. Dúas bailarinas cunha fisicidad e interpretación moi interesantes para o desenvolvemento deste proceso.

MAXIMILIANO SANFORD

Maximiliano Sanford, nacido en Brasil e ex ximnasta da selección Olímpica Brasileira, bailou en compañías como: Losdedae (Madrid), Dáche Danza (Selecta), Cie A Flux (Paris). Formou parte en diferentes proxectos con coreógrafos europeos como: Sharon Fridman (Madrid) , Yutaka Takekey (Toulouse), WinVandekeybus (Bruxelas), Raphael Boitell (Paris) , Lucio Baglivo (Madrid). Participou no elenco de Macbeth no teatro da Scala de Milán como bailarín acróbata. 
Actualmente participa na produción de Venere co coreógrafo Premio Nacional 2014 Daniel Abreu que se estreará a principios de decembro de 2015. Como profesor traballou en escolas madrileñas como Carmen Senra, Victor Ullate e Bambú Danza entre outras. Tamén impartiu diversos talleres por Europa e Brasil e foi convidado como relator na semana cultural do Conservatorio de Danza Contemporánea de Granada.

Ir o contido