YENNIER CHICAS

Nicaragua

Lágrimas negras

O artista mergullouse na residencia e, consecuentemente, nunha viaxe de aprendizaxe da historia e cultura tanxible e intanxible galega, cruzándose con experiencias vividas e compartidas tanto cos habitantes da casa como cos asistentes ao taller de danza contemporánea “Corpo Asimétrico”, o cal brindou no espazo para residentes da zona.
“Os días durante a residencia foron pasando paulatinamente  e o proceso de investigación foi gratificante, atopando unha liña de movemento e composición que me permitiu profundar no tema a futuro.” Como resultado da súa estadía, Yennier puido expor a idea inicial para unha posta en escena de danza contemporánea que ten como nome provisional o de “Lágrimas negras”.

YEINNER CHICAS

Yeinner Chicas nace e crece en Nicaragua, actualmente reside en España. Se gradúa como coreógrafo e bailarín en Danza contemporánea e Folclore Nicaraguano, facendo parte da súa formación como intérprete en Finlandia, bolseiro pola Compañía Alpo Aaltokoskki de Helsinqui. 
Traballou e colaborou en producións escénicas e audiovisuais como coreógrafo, interprete e performer. Forma parte dos artistas residentes do Centro Coreográfico de La Rioja. Á súa vez, foi seleccionado xunto a Maximiliano Sanford como proposta en residencia de investigación no Centro Coreográfico Canal de Madrid en 2021.
Hoxe en día, Chicas continúa cos seus procesos de investigación na creación e composición contemporánea experimentando noutras disciplinas artísticas como o teatro, circo e a voz experimental, atopando un diálogo entre as súas orixes folclóricas, raíces indíxenas e a escena contemporánea.

Ir o contido