MIKEL ARISTEGUI

Euskadi

In between

In between é ese espazo entre os canons do home e da muller, entre o masculino e o feminino, a definición do xénero non binario, a necesidade de entrar nunha dinámica de xénero fluído que protexa á persoa como tal, máis aló do sexo que poida representar.
Nesta residencia artística na Casa Vella realizouse un encontro entre todo o equipo para retomar e perfilar o traballo realizado con anterioridade así como para transferir o material coreográfico á bailarina Alejandra Balboa para contar cunha cover. As artistas participantes foron Mikel Aristegui, Rosabel Huguet, Nuria Sotelo e Alejandra Balboa. Como actividades de mediación realizouse unha masterclass na que se compartiu a metodoloxía e ferramentas de creación utilizadas en In Between seguida por unha mostra do espectáculo e un coloquio posterior.

MIKEL ARISTEGUI

Mikel Aristegui nace en San Sebastían en 1968, fórmase como bailarín na “Folkwang Hochschule” de Essen, Alemaña. Nos seus case 30 anos como profesional, Mikel Aristegui alternou o seu traballo como intérprete con colaboracións de creación con outros artistas: vídeo, iluminacións, músicos, cantantes, artistas plásticos e mesmo con estudantes. Tamén traballou como produtor, creando dous festivais de coreógrafos vascos en Berlín (2009 e 2011), e traballou como comisario de arte e coordinador nunha exposición en Berlín.
Aristegui traballou como bailarín con Sasha Waltz & Guess durante case 10 anos, con Dv8 Physical Theater durante 3 anos na produción «‘ust for show’ e como coreógrafo co director de teatro Thomas Ostermeier, na Ópera ‘Orpheo e Euridice’, e para a compañía Dantzaz, entre outros.
O seu traballo pedagóxico constante desde hai xa 15 anos, cobre varios campos. Desde clases de danza en distintas Universidades para bailaríns (Madrid, Costa Rica, Berlín) ata creacións en escolas con nenos e/o adolescentes, pasando por academias independentes, actores, estudantes de deseño, de arquitectura ou de Jazz.

Ir o contido