PAULA QUINTAS
Galicia
Interseccións#3
No seu paso por Casa Vella, a artista Paula Quintas estiven a investigar en relacción ao espectáculo MULTIPERSPECTIVAS#3, a cal é un proceso de investigación práctica, a cal parte dunha tese doutoral onde se investiga os límites e confluencias entre diferentes artes, combinando improvisación teatral, danza, circo e performance, deixando espazo para a interacción co público.
Interseccións e un obradorio de experimentación escénica. Unha proposta que experimenta cos límites das artes escénicas para enfrontarse coa realidade do espazo que nos rodea: os límites entre o privado e o público, e o vivencial na arte nunha instalación circense compartida a tempo real. Novos corpos para accionar no espazo, sendo participes artísticos ao redor da instalación, experimentando novas formas de movemento para atopar corpos en suspensión e a procura do equilibrio.
PAULA QUINTAS
Paula Quintas, nacida en Ourense, é bailarina, artista circense, coreógrafa, pedagoga e xestora cultural. Ten un mestrado en artes escénicas pola Universidad Rey Juan Carlos e investiga os límites e as confluencias das artes corporais, dentro do Programa de Doutoramento en creación e investigación na arte contemporánea, na Universidade de Vigo. Paula Quintas- Cía é unha compañía cunha traxectoria de dez anos producindo espectáculos de formatos e disciplinas diversas. Hibridar danza e o circo a súa marca. O seu traballo destaca polo diálogo entre o corpo e o movemento, xerando un compoñente visual e experiencial a través de códigos contemporáneos.
Nesta residencia vén acompañada de Arturo Cobas e Ana Gesto.
Arturo Cobas é un paiaso, artista de circo, improvisador e docente galego. Licenciado en National Center for Circus Arts Londres na modalidade de malabares e clown. Fórmase en Mimo na escola Theatre de L ́Ange Fou & International Corporeal de Londres. Director e actor de escena, destacando Nono e Bagaxe ,dentro da sñua propia compañía. Dirixiu nos últimos anos varios espectáculos como “ Só” de Cia Xampatito Pato,o cal tuvo moitisimos premios a nivel nacional. Forma parte da compañía Pistacatro, en espectáculos como Orquestra de Malabares e Mezzo.
Ana Gesto, tamén de Galicia, se autodefine como performer e artista visual. Artista poliédrica que deseñou ao longo da súa traxectoria profesional un universo simbólico de obxectos trasmutados que fluctúan entre estética, materia, son e emoción. Aínda que a súa produción artística atópase a medio camiño entre a performance, a vídeo-creación e a fotografía, a súa obra acusa unha forte tendencia cara á linguaxe escultórica e a experimentación acústica como medio para reafirmar a súa identidade cultural e as súas raíces.