AITANA CORDERO

Madrid

Cuerpo agua

Esta residencia consistiu en tres actividades principais, separadas tan só na práctica, pero profundamente interrelacionadas na persoa que as levou a cabo. Aitana escribe, “o obxectivo da residencia era crear un lugar no que as miñas prácticas creativa, docente e artística, xunto coa de terapeuta acuática, puidesen atoparse, dialogar, retroalimentarse e desenvolver unha nova linguaxe de expresión.”

Así, por unha banda, a artista deixouse mergullar na sala de ensaios e as diferentes contornas da leira, “lendo, escribindo, pensando e profundando nos intereses e técnicas que nutren a miña práctica artística e profesional; revisitando cadernos, rutinas de exercicios, notas sobre pezas creadas, anotacións sobre a miña actividade docente.”
Por outra banda, visitou varias termas da zona de Ourense. Alí permitiuse explorar e escoitar diferentes narrativas en torno á auga, a súa poder, e as augas termais como lugar de saúde, de encontro e lecer. “Falei con visitantes asiduos, con persoas encargadas do funcionamento das termas e practiquei, con axuda dunha persoa que me acompañou cada día, diferentes rutinas físicas e protocolos de movemento, baseados nos meus estudos de Watsu (Siatsu en auga quente) e Terapia craneosacral en auga.” 
Como última actividade da residencia, Aitana compartiu/impartiu un proceso-taller de tres días cun grupo de persoas vinculadas ás artes escénicas e á investigación artística, no que puxo en común todo o desenvolvido e descuberto os días anteriores.

AITANA CORDERO

Aitana Cordero é coreógrafa, creadora, performer e pedagoga. Desde 2000 desenvolve os seus propios proxectos en forma de pezas, instalacións, performances, coreografías, eventos, películas, vídeos, textos, propostas culinarias e “cousas” que foron presentados en diversas cidades de Europa, América do Norte e Asia. Se auto etiqueta “mover, amante, das preguntas, os libros, o cociñar e os corpos, géminis, nai, surfea…” 
Desde 2001 compaxina as súas investigacións e traballos artísticos cun intenso labor docente en distintas escolas privadas e Universidades e tamén realiza traballos de dramaturxia e “compañía e observación” en procesos doutros coreógrafos ou creadores.
En 2006 se graduó como Coreógrafa da SNDO (Ámsterdam), e tamén fixo un Máster en Coreografía e novas tecnoloxías.

Ir o contido