LA MACANA
Galicia
Pink Unicorns
Nesta residencia La Macana revisita o espectáculo Pink Unicorns tres años despois da súa estrea en 2018 e engaden ao equipo de investigación ao artista Félix Fernández.
Pink Unicorns é un espectáculo de danza-teatro divertido e sensible, que reúne en escena a Alexis Fernández –galego de orixe cubana cunha ampla experiencia como bailarín– e ao seu propio fillo Paulo Fernández –un creativo novo de dezasete anos. A experiencia atópase coa exuberancia xuvenil. A serenidade asumida cuéstionase con curiosidade. A obra da Macana trata da relación non sempre sinxela entre xeracións. O impulso de pai e fillo de compartir o escenario sostén un espello ante a audiencia: pais, nais, fillos, fillas. Pink Unicorns é unha danza-teatro salvaxe no que dous corpos atópanse.
LA MACANA
La Macana é unha compañía de danza con base en Galicia, creada en 2009 por Caterina Varela e Alexis Fernández. Ela é bailarina, coreógrafa, produtora e directora de diversos proxectos de promoción das artes escénicas e el é un recoñecido bailarín e coreógrafo de orixe cubana. Na súa traxectoria recibiron diferentes premios e as súas obras presentáronse nos circuítos internacionais de trinta países, colaborando con diferentes artistas e teatros europeos. Quen coñece La Macana esperan unha obra cun material físico forte e unha relación próxima co público. A autobiografía é a súa principal fonte de inspiración.
Para este proxecto únense ademais a Félix Fernández, artista ecléctico que introduce unha mirada externa e dinámica.