A Casa Vella

A Casa Vella

Espacio de creación

Os espazos de creación son unha parte fundamental do conxunto de infraestruturas culturais involucradas na creación artística e na dinamización social e cultural dun territorio, por varios motivos.

01 /

Traballo

En primeiro lugar, sirven como lugares de traballo idóneos para artistas e outros profesionais culturais, mellorando o seu rendemento e potenciando a súa capacidade innovadora e de investigación, o que redunda en mellores creacións e proxectos culturais para a sociedade.

02 /

Dinamización

En segundo lugar, axudan a dinamizar os territorios e a poñer en valor o patrimonio e recursos propios, ao poñer en relación os procesos de creación coas comunidades e entornos locais, nas que se inspiran e ás cales entregan unha devolución en forma de actividades, mostras e outras iniciativas.

03 /

Innovación

En terceiro lugar, son centros con capacidade relacional e innovadora, que crean redes con outras xeografías e outros proxectos, proporcionando a medio e longo prazo recursos, alianzas estratéxicas, posicionamiento e recoñecemento.

A Casa Vella é un dos primeiros espazos deste tipo que se poñen en marcha en Galicia, un proxecto innovador e alineado co espírito e tendencias do seu tempo, no que comenzan a xurdir unha multiplicidade de iniciativas que buscan unha posta en valor do rural desde novos modelos sostibles que asocien cultura, natureza, benestar social e desenvolvemento profesional. É por isto polo que no 2022 e 2023 recibe Subvención para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas Territorio Cultura a través da Axencia Galega das Industrias Culturais – Xunta de Galicia financiado a cargo aos fondos NextGeneration da UE e o Plan de recuperación e resiliencia para o seu proxecto A Casa Vella Territorio Cultura.

No 2023 recibe da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais e financiado con cargo aos Fondos Feder Axuda á dotación de equipamentos e activos que fomenten a innovación e a competitividade da industria cultural e creativa galega ao abeiro do programa Hub da industria creativa galega, financiadas ao 100 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.

Obxectivos

Obxectivos

  • A Casa Vella procura aportar novas formas de habitar, dinamizar e desenvolver o territorio rural mediante a creación e promoción de actividades e accións artísticas, sociais e prácticas agroalimentarias sostibles intimamente interrelacionadas entre sí.
  • Promover a dinamización social, cultural e económica do territorio.
  • Preservar e por en valor o patrimonio cultural inmaterial ligado ao medio rural.
  • Crear conexións entre a cultura e tradicións propias do entorno e a creación artística contemporánea.
  • Descentralizar das capitais o acceso ás artes vivas e á creación artística garantindo un acceso universal e equitativo ás prácticas artísticas, como ben público fundamental.
  • Propiciar o contexto para a creación de emprego no ámbito das artes no medio rural.
  • Facilitar a relación e o diálogo entre o medio rural e o urbano.
  • Servir de espazo de encontro, impulso e apoio a proxectos e iniciativas innovadoras que camiñen cara unha economía e sociedade sostible e respectuosa co medio.
  • Establecer alianzas estratéxicas con proxectos afíns a nivel autonómico, nacional e internacional.
  • Por en valor o corpo e a súa linguaxe como materia de relación, expresión, saúde e comunicación.
  • Impulsar proxectos artísticos colaborativos que dean voz á sociedade civil do medio rural.
  • Consolidar o sentido de comunidade, identidade e gobernanza local a través da participación social en procesos creativos, artísticos e prácticas agrícolas comunitarias.
  • Mellorar o nivel de vida da poboación rural.
  • Colaborar na construcción dunha sociedade plural, reflexiva, inclusiva e cohesionada grazas á eficacia simbólica da arte en xeral e das artes escénicas en particular.
  • Por en valor e conservación do espazo natural a través do uso escenográfico e expositivo do medio natural.
  • Fomentar a igualdade de xénero de modo transversal en todas as actividades e accións promovidas por A Casa Vella.
0

Anos

0

Resicencias

0

Artistas

0

Talleres

0

Actividades comunitarias

0

Visitantes

Premios

Premios

2023

A Casa Vella recibe o 2º premio Rodolfo Prada á xestión cultural no 2023 da Deputación de Ourense e a AGPXC.

Localización

Instalacións e contorna

Os espazos de creación son unha parte fundamental do conxunto de infraestruturas culturais involucradas na creación artística e na dinamización social e cultural dun territorio, por varios motivos.

Ir o contido