Actividades

“I Xornadas A Malla” 

Cultura rural, ecoloxía e territorio 

📍 A Casa Vella, Amiadoso (Allariz)
📅 12 e 13 de setembro de 2026

As Xornadas A Malla nacen como unha proposta anual de A Casa Vella para promover o coñecemento da cultura rural, e reflexionar sobre o vínculo entre ecoloxía, territorio e as prácticas artísticas e comunitarias. Dous días para compartir pensamento, experiencias e conversas en colaboración con axentes sociais e culturais, e expertas convidadas. Nesta primeira edición poñemos o monte no centro. O monte como territorio, memoria, recurso común e espazo de vida.

Esta actividade está subvencionada por: Programa Territorio Cultura para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas – Xunta de Galicia.  Ministerio de Cultura. 

[DESCARGA AQUÍ O PROGRAMA COMPLETO]

Inscricións:

Actividade gratuita e aberta ao público, con capacidade limitada. Asistencia baixo inscrición previa no seguinte formulario:  https://forms.gle/bmM7SgiyEfUjduhW6  

Presentación:

A malla é unha práctica agraria tradicional en Galicia que consiste na trilla do cereal, especialmente do trigo e do centeo. Era un traballo comunitario no que os veciños se reunían para separar o gran da palla tras a colleita e adoita ir acompañado de música, comida e celebración, converténdose nun acto de cooperación e vida social. Tomando o nome desta práctica como referencia, o traballo), o territorio (a convivencia, os recursos comúns) e o festivo (o encontro) daranse a man nestas xornadas, nas que se celebra a relación cultura–vida–territorio, se debate sobre temas de interés colectivo e se realiza unha labor de transmisicón e cooperación. Todo isto compartindo cociña, palabra, reunión, en colaboración con outras estruturas, profesionais e colectivos artísticos e sociais.

No 2026 lanzamos a primeira edición destas Xornadas, que dende A Casa Vella queremos seguir celebrando anualmente, escollendo en cada ocasión un tema ou reto da vida actual no rural. 

Nesta primeira edición, o tema ou lema será: “A/De monte”. Unhas xornadas sobre ecoloxía e patrimonio natural e cultural do agroforestal galego, cuestionando a evolución dos estilos de vida labregos e a súa percepción social. Abordarase a relación entre ecoloxía, extractivismo e as novas narrativas sobre o territorio rural e, en particular, sobre o monte e o agro galego. Tamén, sobre os estigmas, prexuízos e mitos que rodean tanto a vida tradicional “de aldea” como a vida das chamadas “novas ruralidades”. Na era do antropoceno, abordamos preguntas como: Que prácticas tradicionais necesitamos recuperar? Como coidamos e nos relacionamos co bosque autóctono? Como transmitilas e con que recursos? Que novos sistemas ou estratexias colectivas están emerxendo? Como conectar experiencias inspiradoras? Que modos de vida -sostibles e responsables co territorio- poden ofrecer modelos económicos atractivos para reter ou atraer poboación rural?  Que proxectos culturais ou artísticos están axudando a pensar estes asuntos e a construir novos imaxinarios e mundos posibles, en relación a estes temas? 

Formato:

As Xornadas A Malla 2026 propoñen un formato de un día e medio e unha dimensión claramente convivencial e experiencial. O obxectivo é combinar pensamento, encontro e experiencia situada, con tempo suficiente para a convivencia e a conversa aberta.

Programa: 

[DESCARGA AQUÍ O PROGRAMA COMPLETO]

QUE IMOS POÑER SOBRE A MESA?

Un espazo para coñecernos, escoitarnos e pensar xuntas o territorio que habitamos.

  • Historia e transformacións do monte galego
  • Conflitos, retos e transicións
  • Ecoloxía, biodiversidade e coidado do territorio
  • Usos comunais e gobernanza dos montes
  • Silvicultura, xestión e novos modelos
  • Cultura, arte e novos imaxinarios sobre o monte
  • Experiencias comunitarias e proxectos colectivos
  • Novas ruralidades e formas de vida sostibles

QUEN NOS ACOMPAÑA?

Unha conversa a moitas voces, con persoas que traballan desde a historia, a investigación, a xestión do territorio, os montes comunais, a ecoloxía, a cultura e a creación artística situada.

  •  

…e todas as persoas que nos acompañedes!