AITANA CORDERO, NURIA SOTELO & RUBÉN VILANOVA
Madrid & Galicia






La Casa de Aitana se encuentra con A Casa Vella
Despois de varios anos colaborando en distintos formatos e ocasións, o 2025 preséntase como a ocasión de axuntar forzas e debilidades e achegar, de maneira horizontal, a estes tres artistas, persoas, individuas (Aitana Cordero, Rubén Vilanova e Nuria Sotelo) e crear-construír algo con-xuntamente.
Esta residencia parte do desexo compartido de pasar tempo xuntos e comezar un proceso para construír algo colectivo a partir de todo aquilo que os une como persoas e artistas neste preciso momento vital, no que os conceptos, as ideas, as motivacións e as circunstancias converxen.
Transcorre como un aveciñarse ao contexto da Casa Vella desde as preguntas que Aitana expón na CASA:
Que é unha Casa? Como construímos os lugares onde habitamos? Que é pertencer e colaborar? E se puidésemos conseguir xuntos a casa perfecta? Que é estar-construír-soñar xuntos? Existen outras formas de compartir a intimidade? E se destruímos as vellas formas que xa non son válidas e inventamos un novo futuro?
A través de diversos encontros con diferentes habitantes vanse configurando desexos, posibilidades, narrativas e soportes.
Aitana Cordero, Nuria Sotelo & Rubén Vilanova
Aitana Cordero é coreógrafa, creadora, performer e pedagoga. Desde 2000 desenvolve os seus propios proxectos en forma de pezas, instalacións, performances, coreografías, eventos, películas, vídeos, textos, propostas culinarias e “cousas” que foron presentados en diversas cidades de Europa, América do Norte e Asia. Se auto etiqueta “mover, amante, das preguntas, os libros, o cociñar e os corpos, géminis, nai, surfea…”
Desde 2001 compaxina as súas investigacións e traballos artísticos cun intenso labor docente en distintas escolas privadas e Universidades e tamén realiza traballos de dramaturxia e “compañía e observación” en procesos doutros coreógrafos ou creadores. En 2006 se graduó como Coreógrafa da SNDO (Ámsterdam), e tamén fixo un Máster en Coreografía e novas tecnoloxías.
Nuria Sotelo é veterinaria conversa, bailarina, coreógrafa, fundadora e directora artística da compañía de danza-teatro Furia Sotelo, directora do Espazo de danza do Campus de Ourense UV, docente no eido do movemento, traballadora no ámbito social das artes, impulsora e coordinadora do espazo de creación artística e acción social no rural A Casa Vella. No seu afán por colaborar co desenvolvemento artístico do territorio, centrou o seu traballo en Galicia, traballando como intérprete en diferentes compañías de danza e de teatro. Os espectáculos de Licenciada Sotelo, reconvertida a Furia Sotelo teñen sido apoiados pola AGADIC, O Festival ALT de Vigo, O Festival Escenas do Cambio, Corpo(a)Terra entre outros. E teñen participado en programacións e Festivais nacionais e internacionais. Ademais de dirixir os espectáculos de Licenciada Sotelo, realiza encargos e colaboracións puntuais como coreógrafa para diferentes artistas, compañías e eventos. En 2017 é premiada como coreógrafa pola obra Ensaio amor no Certame Coreográfico de Madrid e recibe o Premio de Interpretación Maruja Villanueva do Concello de Padrón. No eido social das artes, ten traballado en proxectos para a compañía5S ou o Festival Internacional de danza Deltebre Dança. No 2019 o seu proxecto escénico comunitario e inclusivo “Ser con” foi un dos beneficiarios do programa Art For Change da Fundación La Caixa. Dende o 2016 ten colaborado nos programas de igualdade do Concello de Allariz.
Rubén Vilanova é co-fundador da Casa Vella, fotógrafo profesional e xestor e impulsor cultural. Estudou na Escola de Artes Plásticas e Deseño Antonio Faílde, con especialidade en Fotografía Artística e continuou a súa formación con recoñecidos artistas. As súas exposicións individuais e colectivas viaxaron por salas dentro e fóra do estado e foi premiado en diversos certames. O seu campo de traballo en fotografía inclúe fotografía artística, de produto, patrimonial, con especialidade en artes escénicas. É o autor do 99% das fotos que atopes nesta páxina, do seu ollo xorde a imaxe da Casa Vella.