Voo é un espectáculo no que a bailarina e artista de circo galega Ánxela Blanco desenvolve unha proposta cunha estrutura única que mestura danza, circo e acrobacias.
Unha peza de danza acrobática, unha reflexión familiar sobre as persoas desprazadas. Mirar bonito, arquitectura, Atlas e o desexo de bailar. Nesta residencia artística revisita a súa creación coa mirada externa da artista de circo Beatriz Rubio Mejía.
Ánxela Blanco, nacida na Coruña, empezou a formarse como bailarina con 20 anos e ao pouco tempo xa estaba traballando e preparando as súas propias propostas con carácter profesional. En 2011 presentou ‘Fume’, un espectáculo a partir das imaxes dunha das curtas de Óliver Laxe, co que tivo o Premio Nacional de Creación Joven. E a partir de aí seguiu preparando pezas coreográficas de formato variable, coas que quere reflexionar sobre realidades sociais e formular preguntas incómodas. Mais os seus procesos son variados, singulares e colaborativos, grazas ás bandadas de compañeiras coas que partilla viaxe.
Espazo de creación artística, encontro, mediación e dinamización do contexto rural
Implementado por xeral.net