Entidades

Actividade

O programa PICE Residencias de Acción Cultural Española Acción Cultural Española (AC/E) apoiou a realización das seguintes residencias artísitcas: Convocatoria 2022:
  • Ainoha Viñuela “Todas as miñas amigas son nais e eu quero ser bailarina”
  • Eva Alonso “Refugio para volar”
  • Xian Martínez “Ollos cara adentro”
  • Fran Martínez e Elena Carvajal “Somaficción”
  • Tania Garrido “Estudio de cuerpo y cuerno”
Convocatoria 2023:
  • Matarile Teatro “Fráxil”
  • Marcia Vázquez y Martín Los Arcos “Bipedestrucción”
  • Félix Fernández “Xabier a Través de min”
  • Sonsoles Cordón “Derma”
  • Lucas Condró “Espacio, sonido y sentido”
  • Vacaburra “Don´t Kiss me I am training”
  • Álvaro Murillo “Dual”
  • Andrea Cruz “Sobre el amor”
  • Mónica Valenciano “El lugar de los pasos perdidos”
Convocatoria 2024
  • Aitana Cordero “Cuerpo agua”
  • Furia Sotelo “Sobre o extravío ou a arte de perderse”
Acción Cultural Española (AC/E) é unha entidade pública dedicada a impulsar e promocionar a cultura e o patrimonio de España, dentro e fóra das súas fronteiras, a través dun amplo programa de actividades que inclúe exposicións, encontros, cinema, teatro, música, producións audiovisuais e iniciativas que fomentan a mobilidade de profesionais e creadores.
A Casa Vella foi beneficiaria nas convocatorias 2022 e 2023 das Subvencións para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas Territorio Cultura. Financiado con cargo aos fondos da UE e o Plan de Recuperación e Resiliencia Apoiado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, cos seguintes obxectivos:
  • Impulsar a actividade, a creación, as prácticas e os procesos culturais contemporáneos en estreita vinculación coas comunidades e os seus contextos sociais, territoriais e culturais específicos.
  • Promover a dinamización, modernización e innovación dos sectores e axentes culturais e creativos que operan no medio rural, favorecendo a xeración de emprego, a profesionalización e a creación de redes profesionais locais, rexionais e nacionais, así como axudar á consecución da igualdade de xénero nestes sectores.
  • Promover a inclusión e estimulación da participación cidadá activa na actividade cultural.
  • Favorecer a diversidade cultural, así como o diálogo e o intercambio rural-urbano.
  • Impulsar a contribución da cultura aos obxectivos de desenvolvemento sustentable.
Os proxectos beneficiarios foron:
iberescena-60
Coa colaboración ofrecida polas Axudas á Creación en Residencia de Iberescena realizáronse as seguintes residencias artísticas: 2022:
  • Carolina Canteli “Vaca encontra o río” (Brasil)
  • Guilherme Morais “Projeto monstro” (Brasil)
  • Carla Segovia e Guillermo Aguilar “Atonal” (México)
2024:
  • Carola Etche “De buena madera” (Argentina)
  • Proyecto Pavellón “Escucha fugitiva” (Cuba)
  • Madrastra Dance “ Whales Also Fly” (Portugal)
  • Mariana Oliveira e Paulina Espinosa “Drauma” (México-Portugal)
A misión do Programa IBERESCENA é promover o intercambio, a creación e a profesionalización das Artes Escénicas Iberoamericanas, estimulando a súa circulación, coprodución, investigación e difusión; recoñecendo a diversidade cultural dos países do Espazo Cultural Iberoamericano e aliñando as súas accións á Axenda 2030.
INAEM-02-CAJETIN-ROJO-60

Dende 2022 as actividades de difusión e promoción da danza de A Casa Vella conta co apoio do Programa de apoio a entidades sen ánimo de lucro de ámbito estatal para a realización de actividades de danza de INAEM.

O INAEM (Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música), é un organismo autónomo estatal dependente do Ministerio de Cultura que se ocupa de articular e desenvolver programas e axudas para a consecución dos seus fins, dentro dos ámbitos da música, a danza, o teatro e o circo en vivo.

Entre os seus fins atópanse a promoción, protección e difusión das artes escénicas e da música en calquera das súas manifestacións, a súa proxección exterior das actividades a que se refire o apartado anterior e a comunicación cultural entre as Comunidades Autónomas.

Dende 2022 o Ciclo de Artes Vivas de Mediación e exhibición de A Casa Vella é apoiado pola Deputación de Ourense a través das Subvencións para a realización de festivais, ciclos e mostras.

Así mesmo colaboran en diversas actividades ao longo do ano a través das Subvencións para a organización de actividades culturais e recreativas.

Xunta de Galicia

O Ciclo de Artes Vivas de Mediación e Exhibición de A Casa Vella 2024 conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Industrias Culturais

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), é una axencia pública autonómica adscrita á consellería da Xunta de Galicia con competencias en materia de cultura. As súas competencias esténdense á totalidade das actividades culturais desenvolvidas por creadoras e creadores individuais e por empresas, na procura dunhas industrias culturais dinámicas, competitivas e innovadoras.

En 2023 leva a cabo un proceso de aceleración coa financiación das subvencións para a aceleración cultural no ámbito de las artes escénicas ao amparo dos fondos de NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia dol Reglamento (UE) número 2021/241, co apoio da Xunta de Galicia.

Esta liña de axudas teñen os seguintes obxectivos:

  • Acelerar o crecemento do tecido empresarial e profesional das ICC.
  • Impulsar a transformación á cultura dixital e a incorporación de novas tecnoloxías nas ICC.
  • Favorecer as interconexións entre as ICC e destas con outros sectores económicos.
  • Mellorar o acceso ao financiamento das ICC.

O proxecto de aceleración de A Casa Vella cumpliu os seus obxectivos:

  • A internacionalización do proxecto e o desenvolvemento de sinerxías estratéxicas.
  • O desenvolvemento de novas vías de financiamento e a apertura de novas liñas de negocio.
  • A consolidación da xestión, a través da transformación dixital das ferramentas de xestión para maior eficiencia en procesos internos e externos.
  • Mellora do entorno web e plataforma de contidos.

Programa Kit Digital financiado polos fondos Next Generation do mecanismo de recuperación e resiliencia.

Infraestructura

logos-hub-60

En 2023 é beneficiaria de Axuda á dotación de equipamentos y activos que fomenten a innovación e a competitividade da industria cultural e creativa galega dentro do programa Hub da industria creativa galega, da Xunta de Galicia a través de la Axencia Galega das Industrias Culturais e financiado con cargo ao Fondo Europeo de Desarrollo Rexional (Feder) dentro do eixo REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.

A través destas axudas financiouse o proxecto “Investimento para a innovación e mellora da produtividade, eficiencia e sustentabilidade de A Casa Vella Espazo de Creación”

En 2022 é beneficiaria das ayudas correspondentes ao Programa de incentivos para a implantación de instalacións de enerxías renovables térmicas en diferentes sectores da economía, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU para a instalación dunha caldeira de biomasa.

Ir o contido