HELENA SALGUEIRO

Galicia

Dramatícula N° 121-127

Proxecto escénico híbrido (teatro, danza, instalación, performance procesual) + publicación de Dramatículas de Samuel Beckett, primeira tradución ao galego. Unha versión dun dos textos – ou como o designaba el, dramatículos- menos coñecidos do dramaturgo irlandés Samuel Beckett, “Come and Go”. Dentro dunha estética minimalista e expresionista, nun non-lugar onde o tempo parece distenderse, tres mulleres conversan con linguaxe e xestos, formando unha coreografía espacial. Segun a crítica, esta é a peza máis “perfecta do autor”. As intérpretes completarán a obra orixinal mediante investigación física de laboratorio, conformando unha peza escénica longa.

HELENA SALGUEIRO

Helena Salgueiro é unha intérprete, performer, escritora e directora galega. O seu traballo performativo mostrouse en teatros, museos, festivais e espazos non convencionais de Galicia, Portugal, Escocia, Inglaterra, Suecia e Arabia Saudita. Formada en teatro, danza e dramaturxia en Escocia, Francia, Polonia e Dinamarca. Publica 2 poemarios e participou en 5 antoloxías de poesía contemporánea ademais de facer diversas colaboracións en revistas, curtametraxes, vídeo-performance e vídeo-danza no ámbito galego e británico. Imparte cursos en universidades galegas e leva proxectos de investigación no campo da performance e as artes vivas. É a directora artística da compañía de artes vivas ABAR.

Ir o contido