LICENCIADA SOTELO & CRIS VILARIÑO

Galicia

Incerteza

Un dúo de danza para rúa e espazos non convencionais de 20min de duración, un xogo compartido co espectador, unha peza que muda e se nutre según a localización.  
Todo proceso creativo, como a vida, componse de grandes e pequenas incertezas. Como nos movemos entre elas, como as asumimos e as navegamos irán determinando o decorrer da creación. Tomar a incerteza como unha oportunidade. ¿Como os corpos asumen o incerto? ¿Como xogamos co azar? ¿Canto de azaroso ou incerto quedará no resultado final? ¿Canto risco somos capaces de asumir? 

NURIA SOTELO & CRIS VILARIÑO

Nuria Sotelo, nacida en Galicia, é bailarina, coreógrafa, docente no campo do movemento, traballadora no campo social das artes, promotora e coordinadora do espazo de creación artística e acción social no medio rural A Casa Vella, e diretora en a Cia. Licenciada Sotelo.
Como intérprete traballou en compañías de danza e teatro como o Centro Coreográfico Galego, Femme Fatale, Experimentadanza, Teatro Resoante, Elefante Elegante, Aporía Teatro, Cía.Mikel Arístegui e é habitural nos equipos de Matarile Teatro.
Os espectáculos da Licenciada Sotelo (Métanse nos seus asuntos, Vostede está aquí, Estado de graza, Ensaio amor, Incerteza, A Gala, Rosa, Entre) foron apoiados por AGADIC, o Festival ALT de Vigo, o Festival Escenas do Cambio, Corpo (a) Terra entre outros, e participaron en programación e festivais nacionais e internacionais. Á súa vez, a artista realiza encargos e colaboracións puntuais como coreógrafa para diferentes artistas, compañías e eventos. En 2017 foi premiada como coreógrafa pola obra Ensaio amor no Certame Coreográfico de Madrid e recibiu o Premio de Interpretación Maruxa Villanueva do Concello de Padrón. 
No ámbito social das artes, traballou en proxectos para a compañía 5S ou o Festival Internacional de Danza Deltebre Dança. En 2019, o seu proxecto escénico comunitario e inclusivo «Ser con» foi un dos beneficiarios do programa Arte para o Cambio da Fundación A Caixa. Desde 2016 é colaboradora habitual dos programas de igualdade do Concello de Allariz. 

Cris Vilariño, nace en Lugo e fórmase como xornalista, especializándose en fotoperiodismo. Toda unha vida de movemento volve reencontrar coa danza e se diploma en Danza Contemporánea no conservatorio mentres busca camiños que investigar. Profunda en Danza Butoh, diferentes técnicas de improvisación, e Body weather. Participou como intérprete e creadora en diversos proxectos. Como docente imparte e comparte clases regulares en Lugo e talleres ao redor de Galicia e España. Tamén se destaca como xestora cultural, dedicándose á dirección artística e a coordinación no ciclo de Lugo en Danza de 2020, entre outros eventos.

Ir o contido