Paula Quintas visita A Casa Vella revisitando o seu proxecto de Aurora Boreal, estreado o 28 de marzo dentro do programa Primavera en Danza de Carballo, no que busca expoñer a durabilidade das cousas, reflexionando sobre a durabilidade dunha obra escénica. Pode cambiar co tempo? Precisa mudar, ou quedar conxelada?
Doutra banda, explora o concepto narcisista de mostrar unha obra, preguntándose sobre a orixe da creación.
A peza parte deste concepto do ser exposto #ante unha sociedade de consumo fugaz, onde a atención humana é cada vez máis difusa. Como a danza que realiza a luz nas xeografías nórdicas, esas luminosidades fugaces aparentes, que só acontecen nunha época determinada do ano. Un cultiva a paciencia, e o suceso é tan rápido que nos deixa unha sensación de serenidade fugaz: o efémero e o cambiante; o obxecto en relación co corpo.
Paula Quintas, nacida en Ourense, é bailarina, artista circense, coreógrafa, pedagoga e xestora cultural. Ten un mestrado en artes escénicas pola Universidad Rey Juan Carlos e investiga os límites e as confluencias das artes corporais, dentro do Programa de Doutoramento en creación e investigación na arte contemporánea, na Universidade de Vigo. Paula Quintas- Cía é unha compañía cunha traxectoria de dez anos producindo espectáculos de formatos e disciplinas diversas. Hibridar danza e o circo a súa marca. O seu traballo destaca polo diálogo entre o corpo e o movemento, xerando un compoñente visual e experiencial a través de códigos contemporáneos.
Espazo de creación artística, encontro, mediación e dinamización do contexto rural
Implementado por xeral.net