SOL MARIÑO

Galicia

Rastros

Sol Mariño realiza unha investigación dentro da liñas de residencias de patrimonio e comunidade da Casa Vella, iniciada no ano 2025, esta investigación componse de varias fases:
– Exploración do territorio: percorridos, documentación fotográfica e recollida de materiais visuais que mostren marcas do uso e do paso humano. 
– Creación poética: escritura en diálogo cos achados, transformando rastros en imaxes verbais. 
– Procesado fotográfico: selección e preparación de imaxes como base para as matrices serigráficas.

Proponse realizar no 2026 unha segunda fase e materialización da investigación poética e fotográfica realizada, que consistirá na xeración dunha primeira serie de serigrafías textiles sobre tecidos tradicionais (liño ou algodón) experimentando con pigmentos naturais. Esta fase de serigrafiado, entendido como técnica de transferencia que converte os rastros documentados en pezas materiais, fortalecendo a transmisión deste patrimonio e a súa resignificación contemporánea.

SOL MARIÑO

Sol Mariño (Vimianzo, 1986) é artista multidisciplinar que traballa entre a poesía, a fotografía e a serigrafía, con especial atención ao corpo, ao territorio e á memoria. Formada en Comunicación Audiovisual e Fotografía na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona, desenvolveu parte da súa traxectoria en Arxentina e Brasil, onde cultivou unha mirada nómade que combina escrita e imaxe. É autora do poemario As alas da serpe (Aira, 2023) e impulsa o proxecto CandoChoveeFaisol, desde o que explora a impresión téxtil como extensión da súa práctica poética e visual.