SOFÍA FERNÁNDEZ

Galicia

Uncanny Bodies serie 2

Neste proxecto proponse a investigación e creación para unha peza de danza na que se explore a relación entre a palabra e o corpo. A relación entre a danza e o silencio é complexa. Ábrese a pregunta: que pasaría agora de tentar establecer pontes entre a danza e a palabra falada? Entre os puntos, as comas e os espazos nos que o silencio habita? Uncanny bodies é unha serie de traballos nos que pretendese explorar de que xeito o corpo reacciona a descursos e ideas, ás palabras espidas e á linguaxe aberta.
Do mesmo xeito que Pina Bausch explorou no seu momento os actos cotiáns e os movementos sutiles e mundanos, Sofía tenta explorar o movemento que surxe das grandes ideas. A primeira peza que creou de Uncanny Bodies foi Uncanny Bodies Series 1., que foi presentada en Nova Iorque. Un solo de danza no que bailou descursos de Paul B. Preciado, Chimamanda Ngozi e Kamala Harris, nos que se preguntaban polo xénero, as marxes e a disidencia.
Uncanny Bodies serie 2. pretende achegarse, agora, á paz mundial, as guerras e o conflicto, e por de novo o corpo en servizo da palabra. Tamén se pretende a exploración do cubo branco como espazo que hibrida danza e arte de performance, alonxándose da idea canónica de teatro no que a representación da danza está cercenada pola lugar mesmo. Co habitación da danza con outras formas de arte.

SOFÍA FERNÁNDEZ

Sofía Fernández, con base en Galicia e Nova Iorque, é escritora, artista e investigadora. A súa procura vira ao redor das relacións entre a memoria, o corpo, a natureza e a palabra, traballando a performance, danza, teatro, escritura e arte multimedia. Participou en diferentes proxectos como o festival IHRAF (Nova York 2024), PAUSA (Queens NY 2023), o ciclo MOVER (MIHL, Lugo 2022) e a exposición Cultivar Invertezas (CGAC, Santiago 2021), entre outros. Como bailarina, interpretou as súas pezas, Uncanny Bodies I (Arts On Site, NYC) e Uncanny Bodies II (Ao Compaz de Saumede, residencia A Casa Vella, Galicia), como as de coreógrafas como Martha Graham, Philip Foster ou José Limón, entre outras. Actualmente desenvolve o seu doutoramento en literatura na universidade de Yale.

Ir o contido