CAROLINA CANTELI

Brasil

Vaca encontra o río

“Uma vaca encontra o rio” é un estudo de Carolina Canteli sobre unha forma de creación que ten que ver coa demora. Masticando o tempo como unha vaca mastica a herba e investigando a duración das cousas. É un desexo de entrelazar pasado, presente e futuro, como o trenzado da cola que leva Carolina para investigar os movementos de traballo, para moverse en espiral e non nun tempo lineal ou cronolóxico.

A residencia na Casa Vella supuxo a comuñón de tres momentos distintos da investigación da artista: volver practicar os xestos coreográficos que estudou desde 2017 ata mediados de 2021 no Centro de Referencia de Danza da Cidade de São Paulo (CRDSP), continuar co estudo metodolóxico de C.T.R e tuning scores experimentados entre 2021 e 2022 na experiencia PACAP 5. Nesta residencia a artista coidou o estudo da percepción do tempo, non das horas do reloxo ou a súa determinación segundo as por actividades a realizar, senón deixar que o tempo da propia vida/traballo na Casa vaia penetrando e dando paso ás accións do día.

CAROLINA CANTELI

Carolina Canteli, de nacionalidade brasilera, é unha performer, creadora e investigadora en danza. Baséase en estudos de arquitectura, urbanismo, socioloxía, filosofía, artes e outros campos do coñecemento, para compoñer o seu pensamento achega do terreo movedizo da performance. Estudou desde moi pequena en escolas de danza da súa cidade, e logo, licenciouse en danza na Universidade Estadual de Campinas – UNICAMP. Colabora na produción de proxectos de danza, así como eventos de artes visuais e deseño, como SP-ARTE e Semana Criativa de Tiradentes. Danza para a compañía Perversos Polimorfos, colabora como artista convidada en iNSAiO Compañía de Arte desde 2018. En canto á súa investigación autoral, participou na 6ta Plataforma Exercicios Comparados, o que resultou no seu só “8/80”, o cal foi presentado no Festival de Danza Contemporánea 2016 e Open Tuesday en Kasulo.

Ir o contido