DISIDEN.CIA
Galicia & Navarra
Bipedestrucción
Este proxecto xorde do encontro entre a bailarina e xestora cultural galega Marcia Vázquez (1994) e lle bailarine navarro Martín Los Arcos (1998), quen se coñeceu dentro da formación da Faktoria Choreographic Centre, en Pamplona. “Bipedestrucción” é unha proposta escénica iniciada en novembro de 2022 dentro da Residencia CRAC (Cáceres).O proxecto está na súa fase de creación, cunha forte aposta pola improvisación. Ambes traballan principalmente sobre forma e deformación do corpo. O dúo transita continuamente por diversas identidades rompendo formas autoimpuestas ou adquiridas.Un paseo a dous, un camiño acompañades, que viaxa desde a normalidade do xesto e a bipedia para ir desestructurándose, aparecendo outras formas de camiñar, con outros apoios, outros ritmos, outras calidades, cadencias. Este camiño á súa vez é unha reivindicación dos vínculos. Que é acompañarse? Que é o coidado? Como nos recoñecemos, comunicamos e aceptamos nos nosos cambios continuos?
DISIDEN.CIA
Disiden.Cia é un novo colectivo formado por Martín Los Arcos e Marcia Vázquez, dous bailaríns de Pamplona e Vigo, respectivamente. Coincidiron en formación na Faktoria Choreographic Centre sendo parte da 3a xeración. Estrean a súa primeira peza “Bipedestrucción” dentro do programa DNA 2024 pasando previamente por residencias como Espazo CRAC, MASDANZA en SIT Cuyás, A Casa Vella e Etxarri Aranatz. Este colectivo pretende ter un claro enfoque que cuestione as formas (dancísticas, de xénero, formais…) e abrir o ollo crítico a través da danza e, se é posible, a través do humor. Esta compañía ademais imparte talleres de movemento para neneces e adolescentes en escolas e institutos e para profesionais como a compañía Dantzaz. Un programa de mediacións enfocadas na procura da identidade a través da danza e o movemento.
Marcia Vázquez nacida en Vigo, é bailarina, creadora, docente e xestora cultural. Comeza polas danzas urbanas dentro do ámbito das batallas, obtendo diversos recoñecementos e premios neste xénero. Con un grao en 2012 en Publicidade e RRPP, en 2013 estuda un dobre Máster en Xestión Cultural e Proxectos de Lecer, coordinando eventos artísticos como o Festival 85C, Cíclicka, Macarena War e, na actualidade, o Festival de danza ESCORA pola Deputación da Coruña que leva a danza á Costa da Morte. Marcia é unha artista inseparable da súa reivindicación persoal, corpo-comunidade, territorio-identidade.
Martín Los Arcos, nacido en Navarra, comeza estudando artes marciais (capoeira, judo, kung-fu, Aikido e Karv meiga), aos 16 anos comeza ballet clásico e aos 18 anos entra no conservatorio RCPD Marienma na especialidade de contemporáneo. En 2019 chega á Faktoria para completar os seus estudos de danza contemporánea e un ano despois empeza a traballar en Dinamo Danza como intérprete e asistente.