LICENCIADA SOTELO

Galicia

Ensaio amor

NURIA SOTELO

Nuria Sotelo, nacida en Galicia, é bailarina, coreógrafa, docente no campo do movemento, traballadora no campo social das artes, e promotora e coordinadora do espazo de creación artística e acción social no medio rural A Casa Vella.
Como intérprete traballou en compañías de danza e teatro como o Centro Coreográfico Galego, Femme Fatale, Experimentadanza, Teatro Resoante, Elefante Elegante, Aporía Teatro, Cía.Mikel Arístegui e é habitural nos equipos de Matarile Teatro.
Os espectáculos da Licenciada Sotelo (Métanse nos seus asuntos, Vostede está aquí, Estado de graza, Ensaio amor, Incerteza, A Gala, Rosa, Entre) foron apoiados por AGADIC, o Festival ALT de Vigo, o Festival Escenas do Cambio, Corpo (a) Terra entre outros, e participaron en programación e festivais nacionais e internacionais. Á súa vez, a artista realiza encargos e colaboracións puntuais como coreógrafa para diferentes artistas, compañías e eventos.
En 2017 foi premiada como coreógrafa pola obra Ensaio amor no Certame Coreográfico de Madrid e recibiu o Premio de Interpretación Maruxa Villanueva do Concello de Padrón.
No ámbito social das artes, traballou en proxectos para a compañía 5S ou o Festival Internacional de Danza Deltebre Dança. En 2019, o seu proxecto escénico comunitario e inclusivo «Ser con» foi un dos beneficiarios do programa Arte para o Cambio da Fundación A Caixa. Desde 2016 é colaboradora habitual dos programas de igualdade do Concello de Allariz.

 

 

Ir o contido