MATARILE TEATRO

Galicia

Pussy Cake

Un espectáculo de setenta minutos que mantén un forte ritmo desde o inicio. Importante presión sonora, contundentes imaxes de vídeo e un dispositivo móbil de iluminación creado ad hoc, con tres potentes intérpretes. A inquietante poética da fotógrafa Francesca Woodman transita sobre a paisaxe escénica, con momentos de danza pura empuxados por unha potente e sofisticada música Industrial, noise rock, hip hop.

MATARILE TEATRO

Nesta residencia o proxecto desenvolveuse baixo a dirección de Baltasar Patiño, co-director de Matarile Teatro, co acompañamento da bailarina Raquel Estellers e a axuda coreográfica de Nuria Sotelo
Matarile Teatro é unha das compañías de referencia no teatro contemporáneo español. Desde a súa creación en Compostela en 1986, polos seus directores artísticos Ana Vallés e Baltasar Patiño, foi desenvolvendo unha linguaxe artística e estilo propios. 
Entre 1993 e 2005, crean e xestionan o Teatro Galán de Compostela, espazo destinado á programación e difusión do Teatro e Danza contemporáneos en Galicia. Durante 12 anos impulsaron o Festival Internacional de Danza En Pe de Pedra para a programación de danza Contemporánea en espazos de Compostela. Puxeron en escena máis de 30 espectáculos, incontables performances, e propostas en formato concerto, cos que alcanzou máis de vinte premios e mencións en distintos puntos de España e Europa. Os espectáculos de Matarile presentáronse en cidades doutros países como: Boston, Belgrado, París, Novisad, Porto, Leipzig, Boloña, Dresden, Edimburgo, Almada, Bayonne, Bucarest, Rennes, Dinan, Douardenez, Lanester, Brasília, Tavira, Varsóvia, Viana do Castelo, Cluj-Napoca, Timișoara.

Ir o contido