BÁRBARA CORDEIRO & WALESCA TIMMEN
Portugal & Brasil






estado de graça
A expresión estado de graça é usada para designar un estado, xeralmente temporal, en que se recibe a benevolencia de alguén e onde a persoa se consegue librar de tormentos recorrentes como ganância, odio ou envexa. Como podemos coexistir connosco propios? Que multiplicidades cargamos? Esta investigación é unha tentativa de contextualizar as distintas persoas que nos habitan, non soa polo que cargan, mais polas narrativas que ficcionamos cando só podemos observar un frame.
O que fica do outro lado de nós?
“estado de graça é unha posibilidade de traer a rúa para casa, a rúa para dentro, o outro en nós. Ao longo do proceso de pescuda deste traballo reunimos moitas imaxes da rúa, de persoas, de xestos da vida cotiá, de lugares de encontro, lugares de partida, lugares en tránsito. O tempo pasa, o lugar transfórmase, o espazo enche e eu baleiro. A investigación estado de graça ten como afecto inicial a pregunta como comezar algo no medio?
Ideas de frame, interrupción, fragmento e tradución emerxen así como desexos e imaxes de algo visualmente cheo, esaxerado e cacofónico. A necesidade voraz de imaxinar e de imaxinar radicalmente xorde como pano de fondo deste percorrido. Nossa estadía en A Casa Vella houben tempo para soñar, revisitar, cuestionar e ser sorprendido. Chegamos para afondar a investigación e pronto nos deixamos levar polo desexo de coñecer a zona e as súas tradicións. Encontramos a vecina Manola Pegureiras que nos levou para a súa clase de pandeireta onde fomos moito ben recibidas e onde deixamos promesas de regreso. Na clase da Manola aprendemos esta música:
Palmira, lará palmira…
Vou a dar a despedida
no raba dunha cereixa
Vou a dar a despedida
E o corazón non me deixa. “
BÁRBARA CORDEIRO & WALESCA TIMMEN
Bárbara Cordeiro, de Portugal, é unha artista de danza e performance. Estudou danza, produción e xestión. A súa investigación céntrase na imaxinación como un posible campo semántico da vida cotiá.
Participou en PACAP 5 no Fórum Dança de Lisboa, comisariado por João Fiadeiro en colaboración con Carolina Campos, Daniel Pizamiglio e Márcia Lança; completou o programa FOR Dance Theater coa Companhia Olga Roriz e estudou xestión e economía no ISEG e a FEUC. Creou «Choreographic Atlases», un proxecto colaborativo de tecido a gran escala, e participou en «A Little Bit Like the Soul», de Sijben Rosa, que desafía as expectativas ao redor da noción de paternidade. Colaborou con Nicole Gomes en «Cinza», que explora a coreografía espacial a través da relación cos materiais e as forzas sutís que emerxen deles; e con Roberto Dagô no proxecto «Oceanos Minúsculos» na creación de «A Outra Margem Era um Corpo», un encontro político-poético de escalas e proporcionalidades. A súa investigación actual xoga coa pluralidade da imaxinación como campo semántico na relación entre o corpo, o espazo e o obxecto. Forma parte do colectivo Um Cavalo Disse Mamãe, xunto con Francisco Thiago Cavalcanti, Francisca Pinto e Piero Ramella, que está a crear «Cantar», unha peza sobre as baleas, a desterritorialización, o refuxio e os paseos.
Walesca Timmen, de Brasil, emprega a fotografía e os medios audiovisuais como ferramentas de investigación. É licenciada en Arte Contemporánea con especialización en Arte e Tecnoloxía (UFSM). Participou en exposicións como ISEA, o Festival Internacional da Imaxe (CO) e a BIENALSUR (AR).