See-saw é un encontro entre tres personaxes diferentes, reunidos nun día especial, o día onde poden gañar o que sempre quixeron: un misterioso trofeo. Seesaw trata do humano fronte aos seus desexos máis grandes, aos seus obxectivos na vida e como decide enfrontarse a eles. See-saw empeza entón desde o xogo, metaforizado á vida. Os xogos de mesa inspiráronnos para caracterizar comportamentos observados nunha vida fronte aos obxectivos que temos e os medios máis ou menos éticos utilizados para chegar a eles. Tentamos meter o dedo nos comportamentos humanos máis crueis e absurdos, no vicio á vitoria, no vicio á guerra e nas outras aberracións que o mundo ten que xestionar.
O colectivo Troïka é multidisciplinar. Formouse en Madrid con tres bailarinas (Léa Delaporte, Mélinda Espinoza, Léa Misseri) vindo de formacións distintas (circo, teatro, danza..). A investigación dos puntos de encontros entre estas diferentes disciplinas, está nun lugar central do traballo do colectivo. Desde a observación de temas actuais da sociedade e coa vontade de meter á luz, de cuestionar os comportamentos humanos máis extremos nace a súa primeira creación : See-saw. O absurdo, o humor e ao mesmo tempo a sensibilidade definen o universo compartido.
Espazo de creación artística, encontro, mediación e dinamización do contexto rural
Implementado por xeral.net